Concurso de escaparatismo e fachadas en Mazaricos
O concello de Mazaricos puxo en marcha un concurso de escaparatismo e fachadas para negocios e particulares no que o único requisito é que os adornos estean elaborados con eucaliptos. O cancelo do concurso é #ArrincaUnEucalipto.
O premio é de 250 euros para gastar nun establecemento de Mazaricos.Os participantes deben enviar as súas fotos ao 628 899 761.
Protección da flora autóctona en Mazaricos
O xurado estará composto por representantes das asociacións Eu Son Mazaricos, Asociación Cultural de Antes, Asociación Amas de Casa de Mazaricos-El Hórreo, Gandeiros de Mazaricos e o propio Concello.
O alcalde, Juan José Blanco Riveiro afirma que “pretendemos fomentar que as persoas non estraguen a flora autóctona neste Nadal, tan necesaria para o correcto desenvolvemento do noso ecosistema”.