Muuuuuito Rock en Santa Comba con Tálesien, Exit e Mártires del Rock & Roll

0
2552
Talesien

//Radio Xallas ofrece un programa especial desde as 19h e o guitarrista Javier Naya un obradoiro para nenos//

Este sábado 3 de setembro viviremos en Santa Comba unha xornada de Muuuuuito Rock. Por unha banda poderemos gozar coas versións de Mártires del Rock & Roll que farán un tributo a Los Suaves.


Estarán acompañados por unha banda veterana como EXIT, grupo residente da sala coruñesa Mardi Gras. Ofrecerán cancións de Bowie, AC/DC, Kiss ou Rolling Stones.


O cartel complétase cunha das referencias do heavy metal en Galicia, Tálesien. A formación bergantiñá ten varios discos, máis de 300 concertos e segue ofrecendo temas propios novos. En Santa Comba presentarán unha das novidades.

Muuuuuito Rock en Santa Comba con Tálesien, Exit e Mártires del Rock & Roll


Actividades paralelas Muuuuuito Rock


Os nenos que queiran poden participar gratuitamente nunha actividade co guitarrista Javier Naya desde as 19,30.


Un pouco antes, ás 19h, Radio Xallas emitirá un programa conmemorativo do Muuuuuito Rock, con entrevistas, música, etc. No 107.5 FM ou tamén podes escoitar desde a app Radio Garden ou desde esta ligazón.

Muuuuuito Rock en Santa Comba con Tálesien, Exit e Mártires del Rock & Roll