Teresa Álvarez e Xosé Abelenda botaron a andar OllarBlick. Dous veciños de Santa Comba que teñene a súa conexión coa emigración en terras helvéticas. Unidos por un proxecto común.
Eles responden a dúas preguntas básicas, como xurdiu o proxecto e en que consiste o mesmo.
Cómo xurdiu o proxecto?
“A idea xurdiu a raíz das nosas vivencias como fillos de emigrantes, e ó sentido de pertenencia que temos á Comunidade Autónoma de Galicia e ó país Helvético. Residimos durante distintas épocas da nosa vida nos dous países, e sentímonos parte helvéticos e parte galegos, tanto cultural como socialmente. Esta ligazón foi a que creou non só o proxecto, senón tamén unha grande amizade”

En qué consiste o proxecto OllarBlick?
OllarBlick, xurdiu fai un ano, e é o intento de reflexar as nosas sensacións con ambos países, mediante fotografías que se reflicten en diferentes productos (tazas, camisetas, bolsos, paraguas…).
Moita sorte a Teresa e Xosé desde Anosacosta