O primeiro teniente de alcalde e líder do PSOE de Santa Comba, José Antonio Ucha Velo, lembra que está a chegar o momento da remuda na alcaldía xalleira e que o PSOE cumpreu coa súa parte:
“Somos xente de palabra e, polo que anós respecta, estase a cumprir estritamente o pactado e xa estamos a punto de rematar a metade da presente lexislatura, que é o momento no que ten que producirse o relevo na alcaldía” afirma.
Lembra que é David Barbeira “o que ten que dar o paso para poder cumprir co acordado”
Nunha entrevista a Marcos Manteiga en El Correo Gallego, Ucha amósase moi crítico coa xestión do alcalde de Santa Comba:”As decisións municipais tómanse na taberna con xente allea”.
ENLACE A Entrevista de José Antonio Ucha en El Correo Gallego.