Santa Comba, a historia dun concurso de gando

0
1639

En 1917, o primeiro concurso de gando xalleiro tivo moita repercusión.

O primeiro día do 1917 Santa Comba converteuse no centro de atracción gandeira na provincia coruñesa, e nin os medios de comunicación nin as autoridades quixeron perderse aquela cita. O pobo estaba engalanado como un día de festa.

Celebrábase a primeira edición dun concurso gandeiro organizado polo concello e a comisión agrícola de Santiago de Compostela, co respaldo financeiro da Deputación provincial, gracias a petición dos deputados Reino Caamaño e Herminio Amigo.

Xunto co propio alcalde, Juan Arosa, os medios da época destacan a laboura realizada polo secretario Pascual Zaera, ó parecer un home moi comprometido co seu traballo e promotor de iniciativas como a construcción da capela de Santa Catalina. Segundo conta un correspondente de El Noroeste o evento espertou un grande ambiente e contouse coa presenza do deputado Reino Caamaño, do representante da cámara agrícola compostelán e concelleiro en Santiago, Antonio Fernández Tafall, do inspector provincial de Higiene Pecuaria, Juan Rof Codina, e outras autoridades.

O xornalista de El Noroeste desplazouse en autobús para realizar un especial informativo de dúas páxina para este importante xornal. Hai que ter en conta que cada edición especial daquela tiña seis páxinas.Foron 55 os exemplares que participaron no concurso.

Exemplares das parroquias xalleiras de Esternande, Freixeiro, Arantón, Castriz, Alón ou Santa Sabina e outros procedentes de concellos como A Baña. Un dos animais que sería premiado e tería moito recoñecemento foi o touro de raza galega “Perico”.

Os exemplares de Manuel García Mallón(Freixeiro) e Antonio Vázquez Lema(Santa Comba) foron recoñecidos polos seus becerros de ata dous anos de idade, cunha recompensa de 40 pesetas cada un.Vázquez recibiría outro primeiro premio e 35 pesetas na categoría de vacas de cinco a oito anos de idade. O recoñecido touro “Perico” era da súa propiedade.

Nesas datas o xornal coruñes “El Orzán” destaca a iniciativa da corporación xalleira presidida por Juan Arosa Nieto, e aventura que co interese por este tipo de concursos “poñeráse a cabeza de tódolos concellos da provincia”.

O concurso seguiuse celebrando durante varios anos. Nesta edición, colleu especial repercusión a cantiga-poesía feita por Antón do Campelo, e que recreaba esta data histórica para este pobo.

O concurso de gando de Santa Comba celebraría unha nova edición meses despois. Concretamente no mes de outubro.E con moito éxito. Volverían a obter recoñecementos o “Perico” de Vázquez Lema e o “Castizado” de García Mallón, entre outros. Aínda que nesta ocasión outro «Perico» o de José Gerpe(A Baña), sería o máis valorado.

Fotos- Guerra – El Noroeste