Rescatan a un conductor que caeu a un río de Santa Comba co seu turismo

0
2105

Os bombeiros de Santa Comba tiveron que rescatar esta mañá ao condutor dun coche que caeu no río Tapia despois de sufrir unha saída de vía na estrada de San Cristovo cando circulaba á altura da localidade de Grixoa, en Santa Comba.

Unha vez liberado, o home foi evacuado en ambulancia ata o centro hospitalario de referencia.Segundo a información facilitada ao 112 Galicia polos equipos de intervención que acudiron ao lugar dos feitos, tras o accidente, o vehículo foi arrastrado pola forza da auga e atopábase parcialmente somerxido. De feito, testemuñas do suceso afirmaron que o condutor estaba liberado pero, non era quen de abandonar o vehículo por culpa da intensidade da corrente fluvial nese momento.

Segundo informaron desde o Servizo municipal de Protección Civil de Santa Comba “a rápida intervención dos Bombeiros do Parque do Xallas xunto coa colaboración de Protección Civil e varios veciños facilitou o rescate do conductor dun turismo que caía o rio Xallas o seu paso por Tapia. O vehículo saíuse da vía e foi arrastrado pola corrente uns 150 metros ata parar nuns troncos.”