A presenza de placas de xeo na AC-406 provoca a saída de vía de varios vehículos na AC-406

0
2531



Segundo a información facilitada polos membros de Protección Civil que acudiron ao punto quilométrico 17 da AC-406 ao fío 07:45 horas desta mañá, case dez vehículos sufriron saídas de vía por mor da presenza de placas de xeo na estrada.

Entre eles, houbo un camión cisterna que transportaba gasóleo que rematou envorcado e unha colisión en cadea entre catro turismos. Malia a posición na que se atopaba o vehículo de transporte despois do accidente, a carga non se viu afectada en ningún momento. Ademais, cómpre sinalar que, afortunadamente, en ningún caso houbo que lamentar danos persoais.

Foron varios os particulares que chamaron ao 112 Galicia para informar das sucesivas saídas de vía provocadas pola formación de xeo na estrada.

Así, para prestar apoio aos ocupantes dos vehículos accidentados e previr a incidencia doutros sinistros similares, ata o lugar acudiron os axentes da Garda Civil de Tráfico, os efectivos de Protección Civil de Val do Dubra e de Santa Comba e tamén os profesionais do servizo de mantemento da vía.

Por precaución, tamén pasouse aviso ao equipo de urxencias sanitarias e aos Bombeiros de Santa Comba

iNFO-axega 112

Fotos- SMPC Santa Comba