Levan anos demandando o arranxo da súa estrada. Dunha arteria de comunicación fundamental. Dunha promesa incumprida repetidas veces.
Por este motivo os veciños de Grixoa de Esternande e San Salvador organizan este sábado, 4 de xaneiro, unha manifestación de protesta, para pedir unha solución. A protesta comezará ás 11 da mañá diante da Casa do concello de Santa Comba.
“Pedimos a todos os veciñ@s de Santa Comba que se sumen para así entre todos poder defender a vida digna no rural” indican desde a asociación de veciños de “Grixoa de Esternande – Minas de Varilongo”.
Percorrerán as rúas da capital xalleira coas súas reivindicacións:”Esperamos e confiamos que a nosa voz se escoite e así poder conseguir que se nos arregle a estrada pois levamos un cuatro de século esperando”.