Ovidio Rodeiro afirma que a Xunta está facendo un “verdadeiro esforzo” pola Costa da Morte

0
1837

O delegado territorial da Xunta de Galicia na provincia da Coruña, Ovidio Rodeiro, defendeu o “verdadeiro esforzo” que está realizando o goberno galego pola Costa da Morte, polo que nega as críticas que falan dunha discriminación.

Puxo como exemplo o canon eólico: “É un canon que nace no 2010, que puido nacer na lexislatura do bipartito pero foi un goberno do PP quen o puxo en marcha.Os concellos da Costa da Morte recibiron 9 millóns de euros desde que se puxo en marcha o canon eólico polo goberno de Núñez Feijóo”·

Sesenta millóns de euros no último ano

Nunha entrevista en Radio Xallas, Rodeiro afirmou que ”a Xunta é a administración que máis esta investindo na Costa da Morte, con sesenta millóns de euros no último ano” sen contar o mantemento en sanidade e servizos sociais.

Tamén destacou os orzamentos que recollen investimentos importantes como a Variante de Carballo, o dragado do peirao de Laxe, ou o treito da autovía entre Baio e Berdoias, así como distintos investimentos no edio agrario, mar, diversas infraestrutras o no apartado turístico.

A xestión da auga

Ovidio Rodeiro citou o aumento do apoio á Axuda no Fogar, as axudas do programa “O Teu Xacobeo” ou en camiños, e valorou o interese da Xunta por cooperar cos concellos en materia de saneamentos e abastecementos:

“Plantexamos unha SOGAMA da auga para evitar irresponsabilidades, como a que pasou en Corme, no concello de Ponteceso, onde unha neglixencia acabou intoxicando a tantas persoas e familias” declarou Rodeiro.