Soraya Paredes, gaña o primeiro premio do concurso.
A alumna do CEIP “Barrié de la Maza” Soraya Paredes Negreira é a gañadora do XX concurso de postais de nadal do concello de Santa Comba. Así o elixiu o xurado presidido pola alcaldesa de Santa Comba, María Pose, e formado pola dinamizadora cultural, Maribel Barreiro, o técnico de xuventude, José Manuel Vázquez e a psicóloga do CIM, Ana Belén Fernández.
Soraya Paredes, Víctor Fernández e Iker García
O segundo premio foi para Víctor Fernández Quintáns do C.P.R. “Ntra. Sra. Inmaculada” e o terceiro para Iker García Amarelle do CEIP “Pepe de Xan Baña”.
A postal deseñada por Soraya Paredes, será utilizada polo concello para a tradicional felicitación institucional.O acto de entrega de premios será o vindeiro mércores 18 de decembro ás 18,00h no salón de actos do multiusos.