Visita de Ovidio Rodeiro ao concello de Mazaricos.
O delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, acompañado polo alcalde de Mazaricos, Juan Blanco, presentou o novo tractor, adquirido polo concello, coa colaboración da Consellería do Medio Rural, que financiou o investimento.
Segundo o goberno autonómico “a compra tivo como finalidade o reforzo dos traballos de limpeza que se realizan neste municipio e que se intensifican en primavera e verán”.
Tractores para Mazaricos, Vimianzo e Zas
Ovidio Rodeiro lembrou que “a Consellería asinou con 19 alcaldes de toda Galicia os convenios para a adquisición doutros tantos tractores para a roza, que serán utilizados na prevención de incendios forestais nestes concellos”. Na comarca tamén resultaron beneficiados os concellos de Vimianzo e Zas.