Irmandamento de Santa Comba con sete cidades europeas

0
975

Santa Comba realiza un irmandamento con sete cidades europeas nun acto multicultural

 

Este luns 9 de maio a alcaldesa de Santa Comba, María Pose, recibiu oficialmente aos vinteseis participantes do programa Europe For Citizens, provenientes de sete municipios de distintos países europeos. Este programa, desenvolvido por primeira vez no concello, ten como finalidade achegar aos cidadáns dos países membros da Unión Europea, ofrecéndolles unha oportunidade de integración e participación noutros territorios.

 

Durante esta xornada inaugural os seus representantes levaron a cabo unha presentación das súas respectivas cidades a través de vídeos promocionais que mostraban parte do seu patrimonio, propiciando deste xeito un diálogo intercultural que achega a diversidade e a pluralidade aos seus participantes.

 

 

Este acto vén a seguir a estela do irmandamento realizado coa cidade de Río de Janeiro no ano 2013. Deste xeito, as cidades de Püspöki (Eslovaquia), Holloko (Hungría), Nea Propontida (Grecia), Pavlikeni (Bulgaria), Giardini Naxos (Italia) e Barcelos (Portugal) quedarán irmandadas a partir do próximo sábado coa vila xalleira nun acto que dará a coñecer o concello de Santa Comba no eido europeo e que permitirá estreitar lazos institucionais e culturais entre os territorios.

 

O alumnado do Obradoiro Proturismo2017 tamén participou neste acto levando a cabo unha labor informativa aos representantes dos distintos países dende o punto de información turística, emprazado no Pazo de Santiso, e que valorou a visita como positiva para dar a coñecer os recursos do concello de Santa Comba.

 

Fonte da información- Obradoiro Proturismo