A Picota celebrou o Xantar das Persoas Maiores

0
1119

Organizado polo concello de Mazaricos.

Preto de 900 maiores asistiron ao Xantar das Persoas Maiores organizado polo concello de Mazaricos no polideportivo da Picota. O menú estivo composto por empanada, polbo, carne ao caldeiro e postre. Unha cita gastronómica acompañada pola música do grupo de gaitas O Verán e do grupo Élite.

 

“É un xeito de facer unha homenaxe a toda unha vida de traballo das nosas persoas maiores e unha oportunidade para eles de reunirse” declarou o alcalde Juan José Blanco Riveiro.

 

Non faltou a música grazas ao grupo de gaiteiros O Verán e a orquestra Élite. O ritmo inundou o polideportivo e moitos dos presentes animáronse a bailar.

 

Nota de prensa-Concello de Mazaricos