O socio de E.nova Enerxía, Darío Tojeiro, interveu no encontro formativo sobre aforro enerxético que se celebrou na Casa da Cultura da Picota, no concello de Mazaricos. A actividade contou coa colaboración da asociación de hostaleiros local e da entidade Gandeiros de Mazaricos.
Conseguir o aforro eléctrico
Neste acto, explicáronse os factores a ter en conta á hora de conseguir un aforro eléctrico real. Detectar erros e abusos na factura, escoller un tipo de tarifa axeitada e unha potencia axustada, ou a posibilidade de contar cun estudo enerxético personalizado de balde como o que ofrece E.nova Enerxía.