A concellería de Servizos Sociais acusa a Ucha de mentir nas súas críticas

0
801

Nota de prensa da concellería de Servizos Sociais, Muller e Igualdade en resposta a un comunicado anterior do portavoz do PSOE, José Antonio Ucha Velo.

 

 

Comunicado concello de Santa Comba

 

Dende a concellería de Servizos Sociais, Muller e Igualdade do concello de Santa Comba consideramos lamentable que a forma de facer política do Señor Ucha consista unicamente en mentir e terxiversar. Así o podemos demostrar a través de informes da traballadora social, educadora familiar, funcionaria de persoal e brigada de obras que desmontan as acusacións verquidas por este señor nos medios de comunicación.

 

 

O señor Ucha di que se alargaron os prazos de resolución e se endureceron os baremos. En cambio o informe da traballadora social certifica que os baremos son os mesmos dende 2014 e que a lista de espera se disminuiu dende a entrada do goberno PP-TEGA, dandose 17 novas altas no servizo de axuda no fogar por dependencia. Tampouco é certo o que afirma o señor Ucha da recollida de alimentos. A Educadora Familiar informa que os alimentosrepartidos procedían da Cruz Vermella e o banco de alimentos e que o reparto se levou a cabo entre familias que solicitaron axuda e que contan con expediente favorable​.

 

 

O señor Ucha aduce que se reduciu a plantilla. A funcionaria responsable de persoal e recursos humanos informa que a plantilla de servizos sociais non se reduciu, polo contrario aumentouse de xeito temporal en dúas auxiliares de axuda a domicilio​. No relativo as acusacións que realiza de traballos feitos pola brigada en domicilios particulares, os informes emitidos polo capataz da brigada así como o persoal que desenvolve labores de electricidade, fontanería e carpintería indican que en ningún caso se levaron a cabo obras por parte da brigada nin con materiais do concello en domicilios particulares​.

 

 

Acusan a Ucha de tratar de que se anule o proxecto de mellora da contorna do Barrié

 

 

Ademais o escrito do señor Ucha roza o delirio cando di que este novo goberno “no han arbitrado ni una sola medida”. Pois ben, este goberno, por primeira vez na historia de Santa Comba, puxo en marcha a medida “Ningún neno xalleiro sen agasallos” que permitiu que nenos e nenas de 22 familias desfavorecidas do noso concello puidesen contar, no día de reis, con xogos ou roupa deportiva, contribuindo deste xeito a inclusión social dos nenos e nenas en condicións de igualdade. Así mesmo, veñen de poñerse en marcha becas a nenos e nenas desfavorecidos para que poidan acudir as actividades extraescolares.​ Son xa 5 os nenos e nenas favorecidos por esta medida.

 

 

 

Tamén destacar que este goberno mellorou tanto o exterior como o interior da gardería. Igualmente, vimos de aprobar o derribo das vivendas en ruínas do Barrié así como a adecuación do entorno do Centro. Proxecto contra o cal o señor Ucha votou en contra e que está a tratar de que se anule ​presentando recursos que van en contra dos intereses dos xalleiros e xalleiras. Por todo o anterior, queda demostrado que o señor Ucha minte ao falar de parálise dos servizos sociais. Polo contrario, o departamento de servizossociais está a desenvolver unha grande labor e tratando sempre de mellorar a atención que presta aos nosos veciños e veciñas.

DEIXA O TEU COMENTARIO

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí