O PP de Santa Comba rexeita o «carroñerismo político» do PSOE

0
480

O goberno local pensa que José Antonio Ucha trata de confundir a sociedade.

 

Reproducimos a nota de prensa remitida polo goberno xalleiro 

 

 

O goberno local de Santa Comba lamenta as afirmacións do PSOE local, mais propias do “carroñerismo político” que dun grupo que pretende ser unha alternativa neste municipio.Desde este goberno non temos a mentira por bandeira, como é o caso do señor Ucha, e a nosa misión é traballar polos intereses xerais do pobo con total transparencia.

 

Non sabemos se por descoñecemento ou por maldade, o señor Ucha pretende terxiversar as cousas. En relación cos traballos de canalizacións que se executan no municipio “a situación está en regra” e coa licenza oportuna,  e non se pode confundir co proxecto de construción dunha planta de GNL en Mourelle, que se encontra noutro estado de tramitación distinto, diante da Consellería de Industria que ven de detectar defectos de forma nese proxecto. Neste caso, o executivo local mantivo sempre a mesma postura de colaboración cos veciños e de respecto as normas vixentes.

 

Falta de credibilidade 

 

 

O señor Ucha Velo e o PSOE de Santa Comba están fora de punto e non sintonizan coa realidade xalleira. Preguntámonos que credibilidade pode ter un concelleiro que presenta tódolos anos reclamacións os orzamentos, na mesma liña.

 

Semella que o señor Ucha está máis preocupado en tentar bloquear o funcionamento do noso concello que en aportar un proxecto alternativo. Sobre a súa política destrutiva terá que dar contas diante do pobo proximamente. Mentres, o noso goberno seguirá a carón dos veciños e dos seus problemas, convencidos de que Santa Comba merece políticos construtivos e con visión de futuro e non ancorados na inquina e no negativismo. 

DEIXA O TEU COMENTARIO

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí