Vázquez Portomeñe lamenta a falta do espíritu da transición na política actual.
O exconselleiro Víctor Vázquez Portomeñe pensa que os enfrontamentos entre políticos e o ambiente de crispación que se vive no país funcionan como “elementos disuasorios” para os votantes e culpa “nun alto grado” a clase política de que moita xente se amose descontenta e non teña pensado votar.
Portomeñe aclarou que as eleccións europeas teñen baixos índices de participación, pero alertou de que se poderían baixar. “Queíxanse da abstención pero son eles os responsables” asegurou o exdeputado e exsenador nunha entrevista no programa “Na Encrucillada” no que falou do seu libro “Testigo y Parte”(Hércules de Ediciones).
“Están intentando arrancar a xente para que acuda as urnas pero non sei se o lograrán” sostuvo o político que militou na UCD e no PP.
Lamentou que se perdera “o espíritu da transición e do consenso” e aconsellou “renunciar a descalificación persoal e a unha parte dos nosos postulados para buscar puntos de encontro”.
«O Casón colleu desprevenido ao goberno»
Vázquez Portomeñe falou sobre varios capítulos do seu libro, e lembrou un episodio moi vencellado a Costa da Morte, o do Casón:
“O Casón causou moita inquietude polo propio incidente, que ocasionou 23 mortos, pola propia carga do barco e pola riada de persoas que escaparon polas estradas”.
Suliñou ademáis que aquel accidente marítimo “colleu desprevenido e goberno de entón que amosou unha evidente descoordinación”.
Artigo de Xosé Manuel Lema sobre o libro a entrevista con Vázquez Portomeñe
http://www.cronicasdehispania.blogspot.com.es/2014/05/la-mocion-contra-albor-fue-un-ejemplo.html
Escoita a entrevista de Portomeñe en Radio Xallas
http://www.ivoox.com/na-encrucillada-6-maio-2014-audios-mp3_rf_3088999_1.html
A entrevista comenza no 1:04:00 do audio