Isabel Blanco:”Esta é a gala de tódolos xalleiros”

0
871

A coordinadora da gala convida a asistir a o evento deste venres.

 

Este venres o multiusos de Santa Comba acolle, desde as 9 da noite, a celebración da gala “Xalleiros”, organizada polo concello, baixo a dirección e presentación da actriz Isabel Blanco Picallo.

 

Este xoves, Blanco participou no programa que presenta Xosé Manuel Lema @xmlema en Radio Obradoiro para Xallas, Bergantiños e a Costa da Morte e expresou o seu desexo de que “a xente se vexa reflectida nesta gala” xa que “é a gala de tódolos xalleiros”.

 

Na mesma “premiarase a xente con traxectorias importantes dedicadas a un ámbito” social, cultural, educativo ou deportivo, como é o caso de José Amigo, Regina Jallas, Antonio Mouro, Rosa María Gómez ou Sergio Prego”Doro”.

 

Segundo explicou Isabel Blanco será unha gala onde se mixturarán momentos divertidos e outros emotivos, coas actuacións musicais de Lucía Pérez ou Fran Allo dentro dun “compromiso do concello para que a xente disfrute”.

 

Tamén haberá vídeos que amosarán “un amplo abanico do que é a xente de Santa Comba” e outras sorpresas que expresou a actriz de películas como “1 franco, 14 pesetas”.Isabel Blanco aproveitou o programa “Na Encrucillada” para convidar aos veciños a que participen no evento, aventurando que será unha noite “moi divertida”.

 
Audio coa entrevista a Isabel Blanco «Na Encrucillada» 

 

 http://www.ivoox.com/isabel-blanco-audios-mp3_rf_2748210_1.html

 

 

 

 

 

 

 

DEIXA O TEU COMENTARIO

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí