A Xunta certifica ao centro de formación xalleiro

0
515

 Poderánse impartir once novos certificados de profesionalidade.

 

 

A consellería de Traballo e Benestar ven de resolver favorablemente a petición do concello de Santa Comba, para poder contar cun centro de formación ocupacional.O “Centro Integrado de Formación Terra de Xallas” xa conta coa acreditación necesaria.En base  a esta comunicación oficial, no centro ubicado no Multiusos xalleiro pódense impartir tamén once novos certificados de profesionalidade.

 

Desde a concellaría de Promoción Económica, Formación e Emprego valórase moi positivamente  a acreditación obtida por parte da Xunta de Galicia, xa que permitirá manter e incrementar a oferta formativa do concello de Santa Comba.

 

Na actualidade estanse desenvolvendo  distintos talleres de emprego que pretenden incidir na busca activa de traballo e na inserción laboral, en tempos tan complexos.

 

PRÓXIMOS CURSOS DE FORMACIÓN 

 

Linkedin – 16 e 31 de maio- Curso de 10 horas

Twitter – 19 de maio- Curso intensivo

 Seminario desenvolvemento de aplicacións Android- 14 de maio

 Emprego seguro e responsable das TIC- 

 Máis información 663746523

 

Os 11 novos certificados de profesionalidade que se poden impartir son:

 

– Asistencia á dirección

– Actividades administrativas na relación cocliente

– Asistencia documental e de xestión en despachos e oficinas.

– Operacións auxilaires de servizos administrativos e xerais.

– Operacións de gravación e tratamento de datos e documentos. 

– Xestión integrada de recursos humanos.

– Actividades de xestión administrativa.

– Creación e xestión de microempresas.

– Dinamización comunitaria.

– Dinamización, programación e desenvolvemento de accións culturais.

– Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais. 

 

 

 

FONTE- CONCELLO DE SANTA COMBA 

 

DEIXA O TEU COMENTARIO

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí