
A nave almacén da cooperativa Xallas-Barcala ubicada na localidade mazaricana de Grille foi devastada por un incendio, que poido ter a súa orixe nuns traballos que se desenvolvían preto das instalacións.

O incendio provocou intensas chamas que provocaron unha certa alerta veciñal. Os membros do Grumir de Santa Comba, efectivos do parque comarcal de bombeiros, Garda Civil e outros operarios traballaron intensamente por combater o suceso.
Fontes consultadas por Anosacosta confirmaron que o alpendre metálico da CUMA quedou destrozado e se poideron queimar uns vinte trailers de palla.
