Entrevista en Radio Xallas ao alcalde xalleiro.
O alcalde de Santa Comba porá o broche a rolda de entrevistas políticas de Radio Xallas-Radio Obradoiro. Despois de Filipe García(BNG), Miguel Pérez(IXSC), Javier Facal(Tega) e José Antonio Ucha Velo(PSOE) chega o turno do líder do Partido Popular, Antonio Landeira.
Landeira confirmou a súa presencia o vindeiro xoves, 23 de agosto as 13,00h nos estudios de Radio Xallas, para ser entrevistado no programa “Na Encrucillada”. A entrevista poderá escoitarse no 107.5 da FM out amén ao Traverso do blog da radio, www.radioxallas.blogspot.com .
OUTRAS NOTICIAS DE SANTA COMBA
A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, a través de Augas de Galicia, vén de rematar unha actuación de mantemento, conservación e mellora no río Xallas, na parroquia de San Cristovo de Mallón, na zona da Ponte de Truebe.
As tarefas de conservación fluvial consistiron na limpeza dun treito de 18 metros neste cauce fluvial. Retiráronse atascos e restos vexetais acumulados no piar central da Ponte de Truebe. Nesta limpeza no Río Xallas, a Xunta gastou uns mil euros. No bienio 2012-2013, Medio Ambiente ten previsto investir máis de dous millóns trescentos mil euros nos ríos galegos.
Santa Comba acolle o vindeiro domingo, 26 de agosto o XV Día da Bicicleta. Os interesados poden obter máis información na Oficina de Deportes. 981880275.