Cita no 107.5 da FM, desde este luns.
DESDE ESTE LUNS NO 107.5 FM
O programa local será as 12,00H.
No remate da pasada lexislatura a luz de Radio Xallas apagouse e as emisións que xestionaba Radio Líder desapareceron por unha serie de impedimentos técnicos que non se solucionaron.
Co arranque do novo mandato, o alcalde Antonio Landeira expresou públicamente o seu desexo de que a emisora municipal volvera a emitir. Despois de distintas melloras técnicas e trámites burocráticos, Radio Xallas regresa.
En novembro, comenzaron as emisións íntegramente musicais e desde este luns, ábrese unha nova etapa nesta sintonía.
Un dos programas locais para este verán emitiráse desde as 12,00 ata as 14,00h. Tamén se pode sintonizar, desde este luns, por Internet no blog www.radioxallas.blogspot.com