Antonio Landeira afronta o goberno en minoría

0
1023

jacobomaria

Amarelle e Pose  obstentan as dúas primeiras tenencias de alcaldía.

Tal e como anunciou días atrás, Antonio Landeira Gallardo formou un goberno integrado exclusivamente polos sete concelleiros do Partido Popular, o que lle fan afrontar o goberno en minoría.

 

Os primeiros tenientes de alcalde son María Pose Rodríguez(1ª), Jacobo Amarelle(2ª) Barreiro e Manuel Ferreiro Fernández “Trivio”(3ª).

Antonio Landeira asume as áreas de Urbanismo e Réxime Interior (que integra entre outros temas o campo do Persoal).

 

004 García

 

Manuel Ferreiro Fernández e Manuel García Cancela renovan a súa responsabilidade a fronte de Obras e Servizos respectivamente, mentras que Jacobo Amarelle Barreiro continuará dirixindo Formación, Comercio, Turismo, e Promoción Económica, e asume o apartado de Festexos. A súa responsabilidade en Persoal será cousa de Landeira.

005 Raquel Grille006 Juan C. Landeira

 

A xove Raquel Grille Boga, de 21 anos de idade, faise cargo de Xuventude pero tamén de Deportes, mentres que outros dos novos concelleiros populares, o veciño do Couto-Alón, Juan Carlos Landeira Castro será o responsable de Medio Rural e de Emigración. A concellería do Medio Rural substitúe e amplia o anterior departamento de Agricultura e Gandeiría que dirixiu José Antelo Vázquez.

 

007 Tribio003 Jacobo

 

Pola súa banda, a número 2 popular, María Pose faise cargo de dúas responsabilidades gubernamentais de relevancia: Educación e Cultura e Servizos Sociais.

 

001 Landeira

 

Desde o PP de Santa Comba manteñen a súa disposición a buscar “acordos puntuais” para sacar adiante os temas importantes e aseguran estar moi ilusionados con este novo ciclo político aberto no municipio.

DEIXA O TEU COMENTARIO

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí