O responsable de Política Municipal do BNG, Manuel Antelo percibe boas expectativas electorais en Santa Comba e critica o actual goberno bipartito.
O responsable de Política municipal do BNG, Manuel Antelo Pazos referiuse en Radio Líder (107.9FM) a situación política de Santa Comba. É un dos concellos no que o partido nacionalista agarda gobernar na compaña do PSOE. ESCOITA AS DECLARACIÓNS DE MANUEL ANTELO NA NOSA SECCIÓN DE RADIO A CARTA. Accede na portada, pinchando no apartado RADIO ou tamén no seguinte enlace https://www.anosacosta.es/index.php?option=com_content&view=article&id=3229&Itemid=114 BOAS EXPECTATIVAS DO BNG EN SANTA COMBA Antelo Pazos comentou en Matinal-Líder que “Temos moi boas expectativas.. Santa Comba é un concello moi fraccionado que necesita un liderazgo político e un proxecto que saque a Santa Comba da situación de parálise na que está”. O responsable de Política Municipal nacionalista fixo unha breve radiografía deste municipio: “Foi un dos primeiros concellos en sufrir os avatares dos intereses particulares e partidarios coa presentación da primeira moción de censura en Galicia. No foi para poñer un mellor goberno senón todo o contrario. O BNG vai a presentar un candidato que conecte coa sociedade e se faga ese cambio que non se fixo en Santa Comba, con ideas de compromiso, honestidade e identificación cos problemas da xente”.