O día 10 de setembro, ás 13,30 horas, tivo lugar no Edificio Multiusos do Concello de Santa Comba a entrega de diplomas de catro cursos de formación levados a cabo para o colectivo de persoas desempregadas. Acudiron ao acto o alcalde de Santa Comba Miguel Pérez e o Concelleiro de Formación e Emprego, Jacobo Amarelle, así como a responsable de formación. Os cursos clausurados foron: Carpinteiro /a, Ebanista, Limpeza de inmobles e superficies e Auxiliar de axuda a Domicilio.
Destacar tamén o inicio o pasado 8 de setembro do curso de “ Aplicacións informáticas de xestión “, de 325 horas, que finalizará o vindeiro 12 de novembro. Pendientes de inicio están os cursos de Experto en Xestión de salarios e seguros sociais, Xerente de empresas de economía social e Iniciación á rede Internet.
Se necesitan máis información poden obtela na Oficina de Formación – 981880275