As contas xalleiras esperan o debate plenario

0
550

Image
Os orzamentos presentados polo concello de Santa Comba contemplan un capítulo de gastos que ascende a  6,7 millóns de pesetas dos cales 1,2 serán para investimentos reais. Está previsto que se someta a debate na vindeira semana.

O documento deseñado polo goberno bipartito, que contou coa abstención na Comisión do primeiro teniente de alcalde, Javier Facal Calvo,  conta cun orzamento de gastos de 6.779.371 euros e de ingresos de 7.636.303 euros.

Para o capítulo de gastos de personal destínanse 2.788.889 euros, e para bens correntes e servizos un total de 2.256.433 euros. Entre as partidas destacan  dous investimentos de 30.000 euros para sendas actuacións nas traídas de augas veciñais de Os Fornos- Santa Sabina e A Illa- Freixeiro.

Dos apartados de subvencións, destacan un total de 27.000 euros para as Festas de Santa Comba e logo unha axuda de 600 euros para cada unha das diferentes parroquias. Tamén se destinan 5.000 euros para a rehabilitación do Teleclube de Vilamaior, 6.000 para as subvencións da compra  de xovencas de raza frisona e 12.000 euros para asociación Santa Comba de Xallas na Argentina.

Subvencións a entidades deportivas-

Santa Comba C.F. – 50.000  euros
Xallas C.F.             – 10.000 euros
Castriz                     – 10.000 euros
Amigos do Motor    –   5.000 euros
Viaxes Amarelle F.S. – 4.000 euros
Veteranos do Xallas    – 3.000 euros
Asociación Motera      –  2.000 euros
Asoc. Ecuestre Xallas-    2.000 euros
Asoc. Hípica Arrieiros-   1.000 euros

Asoc. Dep. El Correo Gallego- 360 euros

DEIXA O TEU COMENTARIO

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí