Amarelle: “Un feito preocupante, consecuencia dun mal entendido”

0
606

Image

O portavoz do PP xalleiro negou que a abstención de Javier Facal producira unha crise interna, e aínda que asegura que foi algo” preocupante e non habitual”, Jacobo Amarelle  confía en que os orzamentos saian adiante e todo quede nunha situación “anecdótica”.

Intervención conciliadora en Punto Radio Noroeste- Radio Líder do portavoz municipal do Partido Popular. Jacobo Amarelle considera que abstención de Javier Facal “foi consecuencia dun mal entendido ou dunha información dada que non foi suficientemente eficaz” e que “non deixa de ser un feito que non é habitual ainda que non se pode chegar a tildar de grave”.

Pero coas súas declaracións Amarelle tamén marcaba o límite, expresando a súa confianza en que este voto se “corrixa no vindeiro pleno”. Polo contrario si se consideraría un “feito grave”. “Temos que saber onde estamos e non tender a inestabilidade desde o mesmo grupo de goberno” advertía o portavoz popular que calificaba a actitude de Facal Calvo de “preocupante”.

Jacobo Amarelle mostrouse convencido de que o sangue non chegará o río:

“Teño esperanzas de que todo se arranxe e confío en que os presupostos se saquen adiante. En caso contrario causaríaselle un dano o pobo de Santa Comba, que ten que estar por riba de calqueira interese. Somos xente coa que se poden arranxar os problemas sen maior dificultade”.

“Non hai crisis nin ningunha fractura irreparable. Espero en que todo en algo anecdótico” sentenciaba Amarelle.

DEIXA O TEU COMENTARIO

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí