O Concello facilita as reclamacións polas facturas eléctricas

0
659

Image
O Concello de Santa Comba anuncia que tramitará as reclamacións contra as compañías eléctricas, polas facturas da luz que están provocando queixas e grande preocupación social. Desde a Oficina de Consumo xalleira prestan xa o asesoramento oportuno.

REPRODUCIMOS A NOTA DE PRENSA REMITIDA DESDE O CONCELLO DE SANTA COMBA.

A OFICINA DE CONSUMO DE SANTA COMBA TRAMITARA AS RECLAMACIONS CONTRA AS COMPAÑIAS ELECTRICAS

18.03.09  A mediados de febreiro contabilizabanse en 755 as reclamaciones presentadas por parte de usuarios e empresarios nos servicios de consumo da Xunta de Galicia contra as compañías que realizan o suministro de electricidade, maioritariamente contra a empresa Unión Fenosa, que é a que presta servicio a maior parte dos clientes galegos.

Desde o Concello de Santa Comba recordan que os que non queiran presentar a reclamación nos servicios de atención o cliente da empresa que lle da o suministro, ou sinxelamente non teñan tempo, ou non queiran desprazarse ata Santiago a presentarla denuncia nos servicios do Instituto Galego de Consumo, poderán presentar a súa reclamación na Oficina de Consumo do Concello que a súa vez depende do Instituto Galego de Consumo da  Consellería de Innovación e Industria da Xunta de Galicia que realizará unha supervisión especial das reclamacions presentadas, debido a inusual avalancha de queixas que se están producindo en toda Galicia contra as facturas da luz.

As queixas dos usuarios dispararonse na comunidade nos últimas meses, desde que se comenzou a aplicar a facturación mensual, aínda que con lectura bimestral, co que nun mes estimase o consumo e noutro axustase o gasto real,  sistema de cálculo moi criticado polos usuarios, que unido a subida das tarifas que aprobou o Ministerio de Industria a proposta das compañías eléctricas, e que se aplica desde Xaneiro fixo que se crearan colas nas oficinas dalgunhas empresas eléctricas e en organismos de consumo.

DEIXA O TEU COMENTARIO

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí