Non se pode calificar con outra palabra:Éxito rotundo. Milleiros de personas de distintos puntos de procedencia optaron por Santa Comba esta fin de semana. A Feira Multisectorial e a Feira Cabalar foron un auténtico imán, que ateigou de xente a Capital do Xallas. Ó marxe da crónica que che ofrecemos a continuación, e por mor da repercusión destas xornadas, anosacosta.es vai a ofrecer nas próximas horas un ESPECIAL fotográfico sobre todo que vimos nesta fin de semana.
A Feira Multisectorial reuniu a unhas dez mil personas, segundo as declaracións do Presidente da patronal, Antonio Landeira que se amosaba moi satisfeito coa masiva resposta de visitantes, e co resultado desta cita "mediante a cal se poido demostrar o verdadeiro potencial das industrias xalleiras".
Idéntica satisfacción en Equinatur, pola Feira Cabalar. O portavoz da entidade, Luís Pazos Brenlla confirmou que se racharan tódolos pronósticos, coa presenza duns 300 cabalos, e cunha impresionante resposta a tódalas actividades. O Campo da feira foi un continuo fervedoiro de asistentes. O alcalde xalleiro, Miguel Pérez entregaba o galardón do Cabalo de Ouro ós membros do Cicasa Santa Comba, acompañado polo Presidente de Equinatur, Miguel Barbeira. Nas inmedacións do evento ecuestre a asociación de veciños local promoviu unha sardiñada popular.
E desde o concello de Santa Comba, que colaborou económicamente e aportando personal para estes eventos, tamén se organizou unha concorrida exhibición de Bailes de Salón, coa posterior entrega de diplomas das clases que se levaron a cabo por parte do responsable de Cultura, Javier Facal. E outro punto culminante foi o espectáculo de maxia, dentro do Xuño Máxico-Teatral da concellería de Cultura, e que abarrotou o auditorio do Multiusos.
Desde anosacosta.es queremos agradecer as facilidades dadas polos organizadores dos diferentes eventos para poder realizar o noso traballo, e tamén ó concello de Santa Comba, pola campaña publicitaria desenvolvida neste medio. Estamos preparando un vídeo resumo das diferentes actividades celebradas.