O Primeiro festival da canción xalleira pulverizou tódolos récords de asistencia ó auditorio do Multiusos, que se quedou pequeño para acoller este evento. Nin as animadas sesións plenarias recentes nin tan sequera a célebre Gala do Deporte alcanzaron as cifras de afluencia desta actividade organizada pola concellería de Cultura xalleira. Os artistas Fran Allo, Sonia Pazos, Alba Caamaño e Iria Bermúdez fixeron vibrar ó público. Unha noite que quedará na memoria de moitas personas.
Unha gala moi concorrida, con centos de persoas abarrotando o Multiusos, e que non paraban de aplaudir ós seus artistas. O evento foi presentando por Xosé Manuel Lema e contou co soporte musical de Carlos Manteiga. Anosacosta.es está preparando unha reportaxe especial sobre esta exitosa iniciativa incluida dentro da Semana Cultural do concello de Santa Comba. No Festival da Canción xalleira estiveron presentes os alcaldes de Santa Comba, Miguel Pérez, Negreira, Juan García Fuentes, o concelleiro de Cultura, Javier Facal, e demáis membros da corporación.