O vindeiro domingo 22 de xuño,o concello de Santa Comba celebrará unha xornada de exaltación do cabalo con numerosas actividades. A noticia foi avanzada neste día en Protagonistas de Punto Radio, polo responsable de comunicación do colectivo promotor, José Luís Pazos Brenlla.
A xornada, que se celebrará no Campo da Feira (na zona da explanada xunto as naves do concello), contará cun concurso morfolóxico, un escola infantil con ponis, un concurso de enganche, etc.José Luís Pazos Brenlla destacou que “se pretende recuperar vella feira cabalar que estaba perdida”, e que a organización está composta por 36 membros “cun equipo humano que nunca houbo”.A organización corresponde a entidade Promocións Ecuestres do Xallas e conta coa colaboración do concello de Santa Comba. Neste senso, Pazos agradeceu o apoio do alcalde e do goberno local, e sobre todo a disposición do primeiro teniente de alcalde e concelleiro de Cultura e Deporte, Javier Facal Calvo(PP). Este atractivo evento celebraráse o 22 de xuño.