O alcalde de Santa Comba, Miguel Pérez Fernández, mantivo unha xuntanza co Conselleiro de Innovación e Industria, Fernando Blanco, e na que lle plantexou varias cuestións orientadas a mellora e adecentamento das zons de mercados. Segundo unha escueta nota remitida polo concello tamén nos explican que se falou de infraestructuras de servizo eléctrico.Reproducimos o comunicado municipal.
NOTA DE PRENSA DO CONCELLO DE SANTA COMBA
O pasado mércores 16 de abril o alcalde do concello D. Miguel Pérez Fernández mantivo unha entrevista co conselleiro de Innovación e Industria da Xunta de Galicia, D. Xavier Blanco Alvarez co obxecto de sacar adiante diversos proxectos e melloras que ten o goberno municipal.
Principalmente tratouse sobre a mellora e adecentamento dos mercados. Por unha parte o entorno e accesos o antiguo mercado do gando con beirarúas, zonas verdes, e equipamento urbano e por outra a zona do campo da feira donde se atopan os galpóns do mercado municipal zona na que o goberno municipal pretende realizar unha total modernización. Preténdese con estas medidas melloralos servicios de feiras e comercios.Na xuntanza tamén e falou das axudas e programas de subvencións para a mellora do suministro eléctrico o municipio.