UCHA INSISTE NO SEU PLAN E CONVOCA O PLENO NO MULTIUSOS

0
656

O alcalde socialista de Santa Comba insiste no seu Plan de Obras e Servizos e levará estes proxectos  o pleno do vindeiro mércores. A principal novidade é que o pleno vaise celebrar no salón de actos do Multiusos. Será as 20:30h.
No escrito que chegou a Anosacosta.com  o alcalde informa que "no caso de non aprobarse, o concello non poderá presenta-los proxectos antes do 30 de novembro, data límite establecida, non poderá facer as obras e perderá a subvención da Deputación Provincial sen posibilidade  de recupera-la". José Antonio Ucha Velo move ficha e reacciona logo da comisión informativa de obras celebrada este venres pola mañá. Agora a pelota está no teito da oposición, e sobor de todo do Partido Popular e dos Independientes de Miguel Pérez, que tiñan deseñado o seu P.O.S. e unha solicitude dun pleno extraordinario.

DEIXA O TEU COMENTARIO

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí