O anterior candidato nacionalista e responsable local do BNG cree que o principal problema que existe na escena política de Santa Comba e "que hai falta de apoio por parte dos partidos independentes que deberían colaborar. Cada un vai polo seu lado". "Moitos votantes están decepcionados polo afán de poder de Terras de Xallas e Independentes por Santa Comba", opina Alexandre Antelo que insiste no feito de que "Os grupos independentes seguen traballando por detrás do goberno. Moitos deles víronse obrigados a apoiar no seu momento a Ucha, por presión popular". Sobre os rumores pensa que "a moción de censura é un perigo real". Antelo cree que o PSOE merece unha oportunidade e que se o BNG estivera na corporación tería "un apoio pechado e de aportar iniciativas". Antelo Noya tamén confesou que a situación do Bloque "está moi parada despois do varapau das eleccións", pero anunciou en que traballarán para recompoñer a asamblea local e incorporar a nova xente. E él estará para colaborar no papel que lle encomenden.
Resumen de privacidad
Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.