Miguel Pérez suspende a un Ucha «que non cumpre a súa palabra»

0
526

Imagen activa

O líder independente Miguel Pérez fixo un balance moi crítico dos cen días de goberno socialista en Santa Comba. En primeiro lugar porque "Ucha está na absoluta soedade e non logrou o seu obxetivo de dotar de estabilidade ó goberno. Non soubo acercarse a aqueles que o apoiamos".Outro motivo do suspenso que Miguel concede ó goberno local é o referente as xestións. Pérez recriminoulle a Ucha Velo que se comprometera a traer en poucos días "compromisos serios e formais en materia de carreteras, solo industrial e que a Xunta se encargaría da débeda de Santa Comba. Ucha non cumpría coa súa palabra. Pasaron cen día e nada de nada". En base a iso, tamén respostou a crítica feita por José Toja Parajó que dicía que os que votaran a Ucha na investidura eran responsables desta situación:"Estou decepcionado porque tamén son responsable desta situación. O meu voto serviu para poñer a Ucha de alcalde. Pero tíñamos un compromiso có pobo de facilitar o cambio de goberno", afirmou Pérez Fernández.
Non perdeu a oportunidade de aportar unha reflexión:"Con 800 votos. ¿Que lexitimidade ten esta persona para ser alcalde?.Lembrou que José Antonio Ucha comentara que se baixaba en votos que dimitía "e baixou sobre douscentos".
Tamén se opuxo a balance feito desde o concello, porque asegura que moitas das obras xa estaban programadas na anterior lexislatura. E non percibe o respaldo do PSOE a Santa Comba: "Touriño ainda non apareceu  e os conselleiros tampouco". Ante a pregunta do que pode suceder nos vindeiros meses, Miguel Pérez fixo esta valoración:" E unha situación singular.O Partido Popular é quen tén a maior potestade para calqueira tipo de iniciativas. Temos que traballar. O Sr. Ucha debería de reflexionar, actuar con talante e non descalificar"

DEIXA O TEU COMENTARIO

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí