O voceiro municipal do Partido Popular asegurou que nestes primeiros cen días de goberno o alcalde socialista, José Antonio Ucha “viviu de rentas”, e demostrou que carece de peso político no PSOE, que manda na Deputación, na Xunta e no goberno do Estado, pero que non foi capaz de sacar adiante grandes proxectos “e nos orzamentos da Xunta non aparece ningunha obra importante para Santa Comba”.
Toja describiu un goberno en minoría e en situación ”precaria”, e pediu unha reflexión seria ós grupos políticos que apoiaron a investidura de Ucha, pero que logo non entraron no goberno local, ós cales tamén indica como responsables da actual situación política. Cree que entre todos se debe de buscar a dirección do concello do futuro.
“Con catro concelleiros non se pode gobernar pero Ucha vai de sobrado”, afirmou o exalcalde xalleiro.
Toja Parajó cree necesario un cambio de rumbo pero asegurou que “O Partido Popular non está traballando nestes momentos nunha moción de censura”, e descartou a posibilidade que él mesmo retorne a alcaldía. O líder popular tamén desvelou que chegaron a ofertar ó PSOE, antes da investidura, un pacto de estabilidade que foi rexeitado polos responsables socialistas, e polo tanto descartou rotundamente que agora se poida dar esa vía política. O dirixente popular preguntouse se este “é o cambio que eles querían”, lembrou que o candidato socialista baixara uns douscentos votos, e insistiu na idea de que ó marxe das fotos que aparecen nos medios de comunicación, apenas existen logros da xestión do goberno socialista apoiado por dous edís independentes. Tamén pediu a José Antonio Ucha Velo que “non lle poña culpas ó Partido Popular do que pasa agora”, e que se adique a gobernar Santa Comba.