Cen dias de goberno en Santa Comba

0
666

Xa se cumpriron cen días de goberno en Santa Comba, cun novo alcalde, o socialista José Antonio Ucha Velo que sustituíu ó popular José Toja Parajó. Desde este martes, 23 de outubro e ata o vindeiro venres, pasarán por Punto Radio(107.9fm), os voceiros municipais para facer unha valoración destes meses de mandato. Anosacosta.com invita ós usuarios a opinar na sección de comentarios sobre estes cen días de goberno-Ucha, pero ó mesmo tempo facemos un novo chamamento para que nos absteñamos de insultar e utilizar a ofensa baixo a ventaxa aparente de gozar dun anonimato. A nosa redacción cree que a opinión educada é positiva e pide ese mínimo respeto nos comentarios. Logo, cada un ten a súa opinión libre. Esta semana están convidados a participar nos encontros de Protagonistas, José Antonio Ucha, José Toja Parajó, Miguel Pérez e Eugenio Pichel.

DEIXA O TEU COMENTARIO

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí