Santa Comba aspira a I.T.V permanente

0
627

Santa Comba únese a petición de Zas e Vimianzo para solicitar a instalación dun centro permanente da I.T.V.. O alcalde socialista, José Antonio Ucha Velo trasmitiu este desexo o Director Xeral de Industria, Anxo Calvo nuna reunión mantida este mércores pasado. O concello de Santa Comba está disposto a ofertar varias parcelas no Polígono Industrial e presentará unha proposta firme. A iniciativa xurdiu dunha proposta do portavoz do Partido Popular, José Toja Parajó que foi apoiada polos 17 membros da corporación. Antes da entrevista, Ucha fotografiouse cos traballadores da brigada de Vías, Obras e Servizos, que estrenaban nova indumentaria. O alcalde tamén informaba que o municipio conta co apoio da Deputación para dotar de herba artificial a un campo municipal, que o goberno local pretende que sexa o de Castriz, onde tamén se estudia a iluminación e a ampliación das súas dimensións.

Image

DEIXA O TEU COMENTARIO

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí