Pleno intenso e extenso en Santa Comba

0
1023

O primer pleno ordinario da corporación xalleira durou case catro horas, foi intenso, e provocou múltiples cruces dialécticos entre os concelleiros, sobre todo desde a oposición que consideraron excesivamente prepotente a actitude do alcalde, José Antonio Ucha. PP, Independentes e Terras de Xallas opuxéronse  a proposta do goberno de adaptar as taxas municipais o I.P.C., porque aseguraron que se trataba dunha subida de impostos, cuestión negada polo rexedor que insistia en que era unha actualización.O Partido Popular conseguiu apoio para as cinco mocións que presentou, e que foron defendidas polo seu portavoz, José Toja Parajó.

Podes ver fotos do pleno eiquí:

Tamén se aprobou, co voto a favor do P.P.  e a abstención do resto dos membros, a conta xeral do ano 2.006, aínda baixo o mandato de José Toja, e que rematou cun remanente de tesourería de 133 millóns das antigas pesetas. O popular José Toja asegurou que nese ano se comenzara a diminuir a tendencia negativa “cun aforro de medio millón de euros neste exercicio”, cuestión tamén alabada polo independente Miguel Pérez que pediu que se consolidara esta dirección. Aínda que valorou positivamente o novo rumbo, Ucha Velo citou que aparte do remanente negativo, existen 2,5  e 2 millóns de euros  de débeda bancaria e con proveedores, respectivamente.

O goberno local propuxo, sen éxito que se actualizaran as taxas municipais, coa subida do I.P.C., pero encontrouse co voto negativo da oposición neste apartado. José Toja denunciou que se trataba dunha subida “alegre” de impostos e Miguel Pérez Fernández considerounas “elevadas” e demandou o concello que afrontara “unha paralización destas subidas para frenar a carga tributaria ós veciños”. Pola súa banda , desde Terras de Xallas, Lucía Gerpe coincidiu coa postura de Miguel Pérez e a súa compañeira, Dolores Calvo Maroñas confesoulle ó alcalde estar “terriblemente asustada porque as túas ideas cambiaron en dous meses”, e solicitou que non se incrementaran  as taxas. A oposición votou en contra da iniciativa do goberno local formado polos dous concelleiros do PSOE, e dous dos edís do Partido Independente; Julio Ferreiro e Blanca Ruzo.

O exalcalde José Toja Parajó defendeu  cinco mocións que foron aprobadas. A primeira consistía na desafectación da Escola de Freixeiro, propoñendo a súa conversión en local social, xa que os veciños queren construir un velatorio,e a habilitación do centro educativo noutro local próximo. O alcalde apoiou a idea de acometer esta actuación pero asegurou que non “vou regalar nada a entidades privadas”, mostrándose partidario doutro tipo de axudas, Miguel Pérez, apoiado en todo momento polo edil José Pose, votou a favor mentras que Terras de Xallas optou por votar en contra xa que Eugenio Pichel entende “que en vez de facer velatorios habería que dotar de servicios as parroquias”.Por unanimidade se aprobaron outras dúas mocións do Partido Popular, na que se demandaba pedirlle a Xunta de Galicia que nas obras que se están executando na estrada Santa Comba- A Silva se recolleran as travesías de Bazar, Traba e da avenida de Mourelle.

José Antonio Ucha(PSOE) dixo estar sorprendido polo traballo realizado polos populares e pediu a a colaboración de Toja para facer un seguimento correcto a esta actuación. Tamén se acordou demandar a creación dun centro permanente da Inspección Técnica de Vehículos para Santa Comba.

Tamén por unanimidade se aprobou outra proposta do P.P.,para que o concello xestionase cunha empresa a recollida de residuos procedentes das explotacións gandeiras. O alcalde comprometeuse a traballar neste aspecto.

A mesma fortuna tivo a moción, defendida por José Toja, para que se impulsen as melloras iniciadas polo anterior goberno, para dotar de traída de augas os lugares de A Illa, Vilarnovo e Fornos. Aínda que votaron a favor os socialistas reprocharon os populares “este acto de cinismo”, incluso falando de que podería haber indicios de prevaricación.

Eugenio Pichel(TEXA), dirixiu un dardo a Toja Parajó:”Se traballaras os dazaseis anos como traballastes nestes dous meses non habería estes problemas”. Tamén tivo o seu enfrontamento con Ucha o que lle asegurou que a súa forma de gobernar “vaiche a pasar factura”.

Ucha pediu a colaboración dos demáis grupos para gobernar e ó mesmo tempo acusounos de “talibanizarse”.

O popular José Toja Parajó presentou unha batería de preguntas, interesándose polo proceso selectivo da gardería municipal. Neste tema, Toja asegurou que membros do equipo de goberno vetaran a algunha persona para poder traballar, e acusou ó alcalde de cambiar as bases para que saira elixida coma traballadora, a actual concelleira socialista de educación de  Negreira “que foi elixida a dedo e despois de cambiar as bases e as calificacións” de varios apartados.

José Toja tamén preguntou polas contratacións de transporte a favor de Viaxes Amarelle, e preguntoulle polo papel de dous veciños Severino Amarelle e Ramón Saus, que segundo os populares actuaban con poder de decisión diante dos funcionarios e da oficina de Deportes.

José Antonio Ucha respondeu que o proceso da gardería fora totalmente transparente e que él tiña “os meus asesores”.

O independente Miguel Pérez solicitou a instalación dunha baranda no lugar de Barbeira, o arranxo dunha marquesina en Almozara e a recuperación dunha fonte en Campelo-Fontecada.

Pérez Fernández  demandou que se dotara de espazo o actual cuartel da Garda Civil “porque hai sitio no centro de Cultura”, e que se lle deran saída ós expedientes de paralización de obras existentes no concello.

Pérez aproveitou para criticar as declaracións de Ucha en Punto Radio Noroeste,  afirmou sentirse menoprezado polo primeiro edil xalleiro, e pregoulle que se puxera no sei sitio, tendo en conta a circunstancia de que os independentes apoiaran a súa investidura coma alcalde. Finalmente, e despois dun receso de cinco minutos, Pérez retomou o seu discurso e logo de varias advertencias de brevidade, optou por retirarlle o turno a Pérez.

O voceiro independente lamentou esta actitude  de Ucha, e tildouno de non ser coherente cando estaba na oposición e se prolongaba nas súas reflexións e agora sendo alcalde  interrumpía a súa exposición, Neste punto, José Toja asegurou que “Vostede antes falaba  que lle daba a gana e agora non deixa os demáis”.Pola súa banda, Ucha Velo manifestaba que non pretendía censurar a ninguén pero insistía en pedir concreción nas intervencións.

Eugenio Pichel López criticou o feito de que se gastaran uns 8.000 euros en suscripcións o xornal El Correo Gallego, cando con esta partida se poderían acometer melloras no municipio. Tamén  mostrou o seu desagrado coa política do alcalde socialista de Santa Comba declarando que coa súa acción “estaba botando por terra o traballo de moita xente polo cambio neste concello”. A súa compañeira, Dolores Calvo Maroñas mostrouse crítica co proceso selectivo da gardería municipal; punto rebatido polo propio Ucha Velo que defendeu a legalidade do proceso.

DEIXA O TEU COMENTARIO

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí