O rexedor quixo sair o paso das acusacións do xefe da oposición, José Toja Parajó, negou que houbera falta de previsión, e que o peche se debeu a unha circunstancia excepcional, producida nas probas de selección, o que demostra que este proceso foi transparente.
Ucha tamén matizou que gracias a este peche temporal se están subsanando as deficiencias que existen no recinto. Comprometeuse a que o servizo estivera operativo antes de quince días e asegurou que se de novo o novo proceso de selección de personal depara algún problema “buscaremos outras fórmulas para abri-la gardería”. O alcalde socialista rebatiu os dardos lanzados polo Partido Popular, e asegurou que non persigue nin vetou a ninguén e que tampouco pediu ningún favor o exalcalde, José Toja Parajó. Con certo tono irónico, José Antonio Ucha comentou en Punto Radio que mantivera dúas conversas con José Toja. Unha para preguntarlle o seu sentido de voto no pleno onde se aprobou o seu soldo como alcalde e outra comunicación telefónica, para explicarlle a intención de Ucha para cobrar “retroactivamente” a nómina do mes de xullo. Nin máis nin menos.
Ucha Velo asegurou que vai a continuar mentras goberne, coa súa liña marcada, invitou ós que non estén dacordo a facer unha moción de censura, insinuando un bó entendemento entre Toja Parajó e o independiente Eugenio Pichel:"A Toja traicionalle o subsconciente. Está entregado en brazos del amor de Pichel.Pois vale.", dixo textualmente o político de Cícere.Tamén se mostrou tranquilo porque afirma que aínda que só ten catro de dazasete concelleiros da corporación, él conta co respaldo popular "e non me deixo doblegar".