José Antonio Ucha forma goberno sen Terras de Xallas

0
694

O alcalde de Santa Comba, José Antonio Ucha Velo xa formou goberno con dous concelleiros de IxSC e os dous, incluído él mesmo, do Partido Socialista.

Finalmente, e segundo o mesmo rexedor comentou a Punto Radio Noroeste, non chegou a un acordo cos concelleiros de Terras de Xallas, que onte publicaba nunha web propia a súa oferta de goberno. Son 4, en principio os edís que constitúen un goberno en franca minoría, logo do rexeitamento por parte de Miguel Pérez e José Pose, e a non
inclusión dos tres concelleiros de TEXA, que xunto con IxSC apoiaron no seu día a investidura de Ucha Velo. Todo semellaba que o partido que dirixe o empresario Eugenio Pichel integraríase no goberno xalleiro, pero o propio alcalde confirmaba, que o executivo queda formado do seguinte xeito:

  • José Antonio Ucha Velo- Alcalde e concelleiro de Xuventude e Deportes.
  • Julio Pedro Ferreiro – 1 teniente de alcalde e responsable de Obras e Medio Ambiente.
  • Angel Souto Mata –     2 teniente alcalde e concelleiro de Cultura e Educación.
  • Blanca María Ruzo –  concelleira de Muller e Servizos Sociais.

DEIXA O TEU COMENTARIO

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí