Terras de Xallas fixo pública a súa proposta de reparto de áreas de goberno. Eugenio Pichel asumiría a primeira tenencia de alcaldía, e o departamento de Obras e Urbanismo, neste caso "con firma". A edil de TEXA, María Dolores Calvo Maroñas faríase cargo doutra das concellerías "fortes", a de Persoal, mentras que outra edil, María Lucía Rial Couto sería a responsable de Economía e Facenda. Outro aspecto destacado da proposta de goberno de Terras de Xallas é que aconsellan 5 adicacións. Sería unha adicación exclusiva de 2.000 euros para o alcalde, José Antonio Ucha Velo e 4 adicacións parciais duns 600 euros cada unha, e que se dividirían dúas para TEXA e outras dúas para Independientes por Santa Comba.