O socialista José Antonio Ucha Velo foi elixido hoxe alcalde de Santa Comba, cos votos a favor de Independentes, Terras de Xallas e PSOE.
Ucha recibiu 9 votos, mentres que o candidato popular José Toja Parajó sumou os oito do seu grupo municipal. O novo alcalde asegurou que practicaría unha política sen revanchismos e buscando investimentos e o progreso do concello. José Antonio Ucha informou que se "chegou a investidura sen ningún tipo de compromiso", e agora haberá que artellar un pacto tripartito efectivo, co reparto de áreas de goberno. Segue hoxe o especial de Anosacosta.com sobre a Investidura.