Peche perimetral do concello de Vimianzo

0
2600

A Xunta de Galicia a través da Consellería de Sanidade ordeou esta mañá o peche perimetral do Concello de Vimianzo, tras os casos positivos por coronavirus detectados nos derradeiros sete días. As restricións de nivel 3 aplicaranse, a lo menos, ata o vindeiro martes.


Así, esta medida provisional aplicarase durante os vindeiros sete días, a contar a partir desta mesma tarde de venres 30 de outubro, e tan só se poderá saír da localidade por temas laboráis ou médicos.


A alcaldesa, Mónica Rodríguez, rógalle á poboación “extrema prudencia e seguir en todo momento as recomendacións que nos emiten os organismos competentes en materia de Sanidade”. Con todo, “comunicaremos as medidas de xeito estricto en canto teñamos coñecemento da Xunta”, comenta.


Asevera Rodríguez a “importancia dun excelente comportamento individual para poder saír desta o antes posible”, e incide no “complicado desta situación”, pero que se está a trabllar “para revertila o antes posible”, comenta a alcaldesa.

Nota concello de Vimianzo