IxV e PSOE sospeitan das privatizacións de Manuel Antelo

0
795

A portavoz de IxV e candidata socialista á alcaldía de Vimianzo, Mónica Rodríguez pregunta, «se isto e algunha estratexia para beneficiar os vimianceses ou entra dentro dos intereses persoais do Sr. Antelo».

Mónica Rodríguez, segunda pola esquerda, nun pleno.

 

Esta é a nota de prensa completa.

O Concello de Vimianzo, nesta lexislatura levou a cabo varias privatizacións dos nosos servicios públicos, así como o de Augas, o de Urbanismo, Axuda o Fogar, e no último mes a da Recollida do lixo.

 

Facendo unha análise das ultimas contratacións deste goberno, o noso grupo non pode evitar de ver sombras nas formas de facelo, non deixemos de recordar, que este goberno optou por non permitir que a oposición forme parte das mesas de contratación, polo que, ó noso grupo se lle está obstruíndo a información, feitos como este, que encontramos a miúdo, demostra a falta de transparencia deste goberno os nosos veciños.

 

A gran sorpresa, e que nas dúas ultimas privatizacións, na da Axuda o Fogar e na recente adxudicación da Recollida do lixo, as dúas empresas que resultaron adxudicatarias son administradas pola mesma persoa; e dicir, son ambas representadas polo mesmo administrador/Presidente.

 

Estas dúas adxudicacións, nos últimos 6 meses, dende o goberno do Sr. Antelo, son dous contratos de mais de 3 millóns de euros, ambos cunha duración de 4 anos, a empresas de fora do ámbito municipal; facendo mención que esta ultima licitación, levou máis de 4 meses a súa tramitación, dado que o noso concello atopase coa praza de secretaría cuberta un só día a semana, isto fai que ditos servicios que inclúe o contrato da recollida do lixo a día de hoxe esteen sen facer, así como limpeza de contenedores, etc…

 

A portavoz de IxV Mónica Rodríguez pregunta, si isto e algunha estratexia para beneficiar os vimianceses ou entra dentro dos intereses persoais do Sr. Antelo.

Mónica Rodríguez, no centro da foto