Calquera persoa poderá acceder a esta información a través dunha plataforma de internet.
A empresa Unayta desenvolveu a dixitalización das actas dos plenos do concello de Vimianzo entre xullo do 1930 e xullo do ano 1940.
Con esta iniciativa, o concello de Vimianzo busca a posta en valor do patrimonio municipal. Esta será unha ferramenta útil de consulta para os traballadores municipais e tamén para os investigadores e historiadores.
Anos de enorme importancia
Estas actas recollen os últimos meses da monarquía de Alfonso XIII, os anos da Segunda República e tamén os da Guerra Civil e a chegada da Dictadura.
Fontes municipais aseguran que é o inicio dunha estratexia de dixitalización do arquivo municipal. Este material xa dixitalizado estará á disposición das persoas interesadas a través da internet.
O alcalde, Manuel Antelo, destacou a enorme importancia deste actuación.