O PP DE CAMARIÑAS ESTÁ FACENDO UNHA OPOSICIÓN ACTIVA , SERIA E RIGUROSA

0
772

A portavoz do Partido Popular de Camariñas e deputada autonómica Paula Mouzo Mas participou no programa radiofónico “Na Encrucillada” de Radio Xallas.

UN PUFO DESCOMUNAL EN CAMARIÑAS

Neste conversa fixo balance da situación política de Camariñas que está marcada pola débeda económica: “Fálase de que debemos dous millóns seiscentos mil euros. Gastan sen rumbo, e o final non temos servicios nin fixeron grandes obras pero temos un pufo descomunal”.

A política popular critica que a alternativa sexa máis carga impositiva os veciños:”E claro, agora as contas non dan e a señora alcaldesa Sandra Insua aproba unha subida de impostos que nos deixa a todos temblando”.

Xunto coa maña xestió económica tamén lle reprocha ao PSOE “que leva gobernando 40 anos”, que lles impidan debatir mocións e que “teñan as parroquias abandonadas, sen limpar”.

Anuncia que o PP seguirá cunha “oposición activa, seria e rigurosa” e que “seremos firmes en denunciar todas faltas de xestión, transparencia e democracia que vexamos. E seguiremos explicándolle aos veciños que hai outra Camariñas posible e que o PP ten un proxecto para eles”.

ELOXIOS A ALFONSO RUEDA

Nesta entrevista, Mouzo Mas tamén valorou a súa breve experiencia como deputada autonómica que se limitou a un periodo de catro meses no que intentou aproveitar todo o tempo que tivo recollendo e traslandando propostas.

Tivo palabras de eloxio para o presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, ao que define como “un percebeiro da política que se xoga o tipo por Galicia”.

Asegura que o PP ten “un gran candidato” e que “non hai alternativa “, só “un tutti-frutti de partidos de esquerda que protestan muito no Parlamento de Galicia pero están sumisos a apoian ao goberno de Pedro Sánchez que despreza a Galicia e que torpedea o propio equilibrio do estado das autonomías”.

DEIXA O TEU COMENTARIO

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí