Andaina Solidaria pola Ataxia na Ponte do Porto

0
481

Catro quilómetros de camiñata solidaria por un espazo natural excepcional, a Ruta dos Muíños da Ponte do Porto, no concello de Camariñas.

Será este vindeiro domingo 25 de setembro desde as 10 da mañá desde o paseo fluvial porteño, coincidindo co día mundial da Ataxia.

Porque o obxectivo é apoiar a investigación do doutor Antoni Matilla en tratamentos terapéuticos efectivos para curar este enfermidade. O prezo de inscrición é de 5 euros que serán doados a entidade STOP FA , que forma parte da Federación de Ataxias de España.

https://www.inscribirme.com/andainapolaataxia

Despois da camiñata haberá pinchos e bebidas gratis, a actuación do dúo musical En Clave de Ti e inchables para os máis pequenos. Haberá camisetas de agasallo para os participantes.

Organiza o concello de Camariñas coa axuda de Gubem Events e o respaldo de diferentes casas comerciais.

 

QUÉ OPINAS? DEIXA O TEU COMENTARIO FACENDO CLICK AQUÍ.

DEIXA O TEU COMENTARIO

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí