Declaración de Camariñas. A visión de Mar de Fábula

0
1551
OLYMPUS DIGITAL CAMERA

Mar de Fábula é unha das entidades que asinou a Declaración de Camariñas o día 5 do pasado mes de agosto na Confraría de Pescadores de Camariñas.

Cal é a nosa visión deste documento ? De entrada, a súa orixinalidade.
É un documento de intencións que parte do sector que vertebra a principal actividade económica e social da Costa da Morte: o marisqueo e a pesca de baixura.

Abonda con ser espectador ou participar nalgunha das súas reunións para nos decatar da forza vital destos colectivos, da enerxía que desprenden estos homes e mulleres cos seus fillos, familias integradas no mundo de clase traballadora do mar, orgullosa de seu, do seu idiona, dos seus costumes, partícipes nas súas tradicións, homes fortes e mulleres inspiradoras. Toda unha clase social consciente da riqueza das súas augas e do que facer para asegurar a súa sustentabilidade.

Pode haber diferenzas de criterios entre estos profesionais da mar, mais da mesma maneira que na película !Braveheart” as tribos escocesas, a pesares das suas liortas internas, uníronse contra o enemigo común do invasor inglés, aquí tamén todos saben que teñen que unir as súas forzas contra o enemigo común da contaminación, que pode destragar a súa fonte de vida, a riqueza da fábrica natural na que están todos empregados : o mar.

De aí ven o énfase que fan os seus promotores de traballar xuntos, unidos, sen diferenciar territorios, todos baixo a marca única de Costa da Morte. Saben que na unión está a súa forza. Non queren seguir emigrando. Queren vivir do mar na súa terra Este diáfano prantexamento, conleva, ao meu ver, unha épica de pais.

Qué temos que facer o resto de asinantes deste documento, concellos, institucións de desenvolvemento económico e grupos ecoloxistas ? Cada un no seu eido, respaldalos no seu obxectivo e buscar novos apoios, entre eles, das forzas da cultura.

A Costa da Morte, na súa estructura de territorio diferenciado, cunha forte perrsoalidade, ten na mar o seu sentido. Pode ser que por estrada sexa un territorio periférico, exótico, alonxado dos circuitos que levan a Europa, mais por mar, a Costa da Morte está no centro do mundo. Así acredítanno os seus fondos mariños, cheos de historia, de centos de naufraxios de barcos que procuraban na costa un punto de recalada para marcar o seu rumbo.. Así acredítanno hoxe en día os máis de 40.000 barcos ao ano que navegan polo Corredor Marítimo de Fisterra, un tercio deles grandes buques tanques transportando mercadorías perigosas, outros miles son grandes buques portacontainers con enormes cubertadas que, ás veces, por mor dos temporais caen ao mar e as súas verteduras chegan á costa. Este dispositivo de separación de tráfico marítimo, unha das rutas máis importantes do mundo, constitúe un perigo potencial, invisible pero real, de contaminación das nosas augas costeiras. De aí, a chamada de atención sobre a súa existencia ao comezo da Declaración de Camariñas.

(E qué dicir dos mariñeiros da Costa da Morte, tripulantes que traballaron duro a bordo de centos de pesqueiros de altura e barcos mercantes de todas as bandeiras. Un activo humano de enorme valor. Homes, moitos deles xubilados agora mais de mentalidade aberta por teren navegado por todos os mares do mundo, con multitude de anécdotas, con térmos ingleses incorporados á súa fala cotián, todos atesorando una rica experiencia profesional e vital, patrimonio a transmitir ás novas xeracións das vilas mariñeiras.

Cál vai ser o role de Mar de Fábula neste proxecto ? Adicarnos á máis elemental, á máis básica das tarefas: limpar, limpar o mar, limpar a ribeira, sensibilizar sobre a necesidade de manter limpo esaneado o territorio que compartimos, condición imprescindible para manter alto o sentimento de autoestima colectiva e respeto mutuo.

A partires de aí, con estos alicerces, dende a Costa da Morte, traballaremos pola reconstrucción do país.
Xosé Manuel Barros
Mar de Fábula