Ánxeles Vázquez valora a Ruta dos Muíños porteña e lamenta o seu abandono

0
656

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ánxeles Vázquez, visitou a Ponte do Porto para participar no acto de posta en valor da Ruta dos Muíños e do Río do Porto, en Ponte do Porto, organizado polo Partido Popular de Camariñas.

Ánxeles Vázquez manifestou que este enclave “é unha xoia” que hai que “proxectar ao mundo” aínda que expresou a súa “desgradable sorpresa” pola falta de mantemento da contorna, coa falta de limpeza, a invasión de maleza e vexetación e incluso a presenza de lixo.

Propostas de Paula Mouzo

Expresou o seu apoio ás propostas que presentou no acto a candidata do Partido Popular á alcaldía de Camariñas, Paula Mouzo Más.

Mouzo comprometeuse a realizar un plan de recuperación de muíños na zona, o desbroce dos camiños “do entorno dos muiños documentados con áreas de esparcemento no Pociño e A Pesqueira”.

O PP tamén propón no seu programa electoral a investigación da historia das aceñas, un plan de comunicación divulgación da ruta, a posta en marcha (alomenos) dun muíño, a recuperación ambiental do coto troiteiro, a eliminación de puntos negros e apois as iniciativas de deportes acuáticos e multiaventura.

A conselleira compartiu a andaina con membros da candidatura e cos veciños da parroquia da Ponte do Porto, algo que agradeceu a candidata local que ten claro que “o inmovilismo e a falta de ideas deste goberno de Sandra Insua é evidente, pero tamén é certo que hai unha alternativa e somos nós”.

DEIXA O TEU COMENTARIO

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí